O Caderno do Ghato

Non prometo nada.

Categoría: Deseño Gráfico

20N (II) Matrimonio

Por primeira vez en democracia, un sector de cidadáns poderían perder dereitos civís tras unhas elecciones pola imposición da moralidade duns sobre a legalidade establecida.

A reforma da lei de matrimonio para eliminar discriminacións de sexo e orientación sexual cumplíu seis anos, pero o Partido Polular mostrou en varias ocasións a súa intención de dar marcha atrás neste dereito.
Os cambios de gobierno nunca deberían ser motivo de temor por parte da cidadanía a unha pérdida de dereito.

As persoas que antes non podían disfrutar deste dereito e o fixeron nestes seis anos… ¿En qué situación quedarán?
A os queiran facelo… ¿cómo van negarlles o dereito que moitos xa teñen?

[click na imaxe]

Onte fixo cinco meses que “casamos” (como se dí na familia) a dous dos meus mellores amigos e non podo nin pensar que un cambio legal para desandar o andado veña a dicirlles que xa non son o que son, ou que son unha anomalía legal.
Si son unha anomalía, é porque son deses seres estranos que atoparon a súa outra metade, que diría Aristófanes. A eles dedícolles os versos que xa lles lín ese día felíz.

Bendito sexa o ano, o mes, o día
que te encontrei no medio do camiño
e andabas escollendo a flor do espiño
sen te mancar na espiña que fería;

Bendita sexa a hora en que eu prendía
no teu claro mirar de trigo e liño
e o instante en que probei o manseliño
mel da palabra túa de amavía:

 Bendito sexa o intre e o segundo
en que determinei ser teu amigo
e camiñar contigo polo mundo.

Bendito sexa o porto e a cidade
onde embarquei pra navegar contigo
nun navío de amor e de saudade.

 [Darío Xohán Cabana]

[foto: Stéphane Lutier]

Advertisements

Día Felíz!

Pois Mr. Wonderful, no blog das cousas que lle molan (muymolon.com) nos dá estas ideas para ter  un día moi felíz.

Probade!

Hipnotizado

Tokyo/Glow

The Light of Life [>vía Pep]

Symmetry [>vía Frodorik]

Seduction of the Armageddon Witches [>vía Abel Asvir]

On the radio [Jay Jay Johanson] [>vía Abel Asvir]

Let’s Colour Project

3D projection with coordinated light on a 3D surface by Superbien

%d bloggers like this: