159 km.

Esta montaxe de Daniel Almeida, “Coruña en 4000 fotos”, revive as ganas de “subir á Coruña” que de por sí, teño normalmente.; alí teño grandes amigos, algúns dos mellores: síntome xa tan cómodo alí coma na casa (onde queira que a teña…), coma nese sofá que che sabe a postura, pero coa alerta e os ollos novos de estar fóra do espazo própio.

Mestúranse cando chego á Coruña a frescura e a novidade que un sente cando cun “cambio de aires”  e a ledicia daquel anuncio que nos cantaba que voltásemos a casa polo nadal.

A Coruña é unha cidade que envexo, como bó vigués (adoptivo): É a cidade bonita, a urbe elegante; pero tamén coma bó vigués, non a escollería para vivir, ou polo menos non me mudaba sen grande pena, por que como dín aquí: “As cousas que pasan en Vigooo…”

Vigo ten a beleza oculta, o carácter portuario, fabril, ese puntiño macarra (aínda que desgraciadamente, vaise perdendo según nos vamos transformando de “acumulación de emigrantes” en cidadáns) e ten, no seu carácter e na súa xente, aquela filosofía de “vive e deixa vivir”, que te permite agocharte, diluírte, sen un coa masa, e ó mesmo tempo, a individualidade, o “fai o que queiras” e incluso a extravagancia que penso non se dá tan fácilmente nun cidade algo máis burguesa (non quero ferir susceptibilidade de niguén, é a miña impresión, igual cando volva “subir” me demostrades que ando errado)

Pero en xeral, síntome tan ben en unha coma en outra, e penso que a tan comentada rivalidade entre ambas é unha lacra que o XIX nos deixou no subconsciente e que debemos borrar e vernos e tratarnos como espellos, como colaboradores e socios no desenvolvemento do país e, en xeral, fixarnos no que nos asemella e non só en aquelo que nos separa, que ó fin, son só uns kilómetros.